O estudantado de doutoramento poderá matricularse a tempo completo ou a tempo parcial. Para esta última modalidade, será requisito indispensable a condición de doutorando/a a tempo parcial outorgada pola CAPD. Esta condición solicitaráselle á CAPD mediante os documentos xustificativos.

Para a condición de doutorando a tempo parcial, teranse en conta motivos de carácter laboral, familiar ou persoal.

O cambio de modalidade de matrícula poderá solicitarse nos períodos de matrícula ordinarios, condicionada ao informe favorable da CAPD, e extraordinariamente noutros períodos por modificacións das circunstancias laborais, familiares ou persoais do doutorando/a.

De modo xeral, a porcentaxe do alumnado que realiza o doutoramento a tempo parcial neste programa non debería superar o 30% do total do alumnado matriculado.